Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

ANUNCIO sobre contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar, modalidade básica.

Segundo acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno do 18 de xullo de 2013 anúnciase a contratación da xestión do servizo público de axuda no fogar, modalidade básica, por procedemento aberto e tramitación anticipada do gasto e se aproban os pregos publicados no perfil do contratante:

http://www.concellodeares.com/contratante.php:

a) Tipo de licitación: 84.030,57 € e 3.501,27 € de IVE.

b) Dependencia onde estará de manifesto o expediente administrativo: Secretaría Xeral do Concello de Ares, avda. Saavedra Meneses, nº 12, 15624. De luns a venres das 9.00 ás 13.30 horas.

c) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

d) Lugar e prazo de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral do Concello de Ares en horario de atención ao público, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG.

Ares, 22 de xullo de 2013

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde