Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32667

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (263/2011).

Procedemento: procedemento ordinario 263/2011.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Miriam Fernández Rodríguez.

Procuradora: Ana Belén Pérez Carera.

Contra: José Manuel Díaz Brajos.

Yolanda María Fernández Rodiño, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que no xuízo ordinario seguido neste xulgado por instancia de Miriam Fernández Rodríguez se ditou a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Vistos por min, María del Mar Pais Bonamusa, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario 263/2011 seguidos por instancia de Miriam Fernández Rodríguez, representada pola procuradora Sra. Pérez Carrera e asistida pola letrada Sra. Gregorio Rodríguez, contra José Manuel Díaz Brajos (declarado en situación de rebeldía procesual), sobre acción de división de cousa común, dito a seguinte sentenza sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes e fundamentos de dereito).

Que considerando integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Pérez Carrera, en nome e representación de Miriam Fernández Rodríguez fronte a José Manuel Díaz Brajos (en situación procesual de rebeldía):

1. Declárase a disolución e extinción do condominio existente sobre a vivenda sita no Porriño, r/ Avelino Villasuso, 21, 1º A, descrita no feito segundo da demanda, da cal son titulares Miriam e José Manuel.

2. Decrétase a división do referido ben, en caso de que non se chegue a un acordo nos termos en que se refire o artigo 404 CC, mediante venda en pública poxa con intervención de licitadores estraños e conseguinte repartición do produto obtido nela entre os condonos, en proporción ás súas cotas, dado o carácter indivisible do obxecto común.

Con imposición de custas ao demandado.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

A admisión do devandito recurso exixirá que no momento de o interpor se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o que deberá ser acreditado fidedignamente, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Manuel Díaz Brajos, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 25 de xuño de 2012

A secretaria xudicial