Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de documentación efectuada á Fundación Karpin Vivienda.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Fundación Karpin Vivienda a petición de documentación, debido a que, intentada a notificación da solicitude de documentación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

Como queira que non consta a presentación da documentación solicitada en virtude do establecido no artigo 38 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no exercicio das funcións de protectorado, requíreselle a presentación da citada documentación.

E para que conste e sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas