Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1252/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1252/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Bienvenida Castiñeira García contra a empresa Alcoa Inespal, S.A., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A., ETT Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., GYT Clave, Policlínico Médico Sanitario, Sociedad de Prevención de Fremap, sobre despedimento, ditouse o seguinte auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva é a que segue:

Parte dispositiva:

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 12 de xuño de 2013 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que se substitúa o contido do feito probado quinto desta polo seguinte:

A Sociedad Preventiva Fremap fíxose cargo da asistencia sanitaria encomendada aos servizos médicos da empresa.

O feito probado sétimo pasará a ser o sexto e o oitavo o sétimo, e isto co mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Ana Rodríguez Piorno, asinado. Ante min. Marta Yanguas del Valle, asinado.

E para que sirva de notificación en legal forma a GYT Clave, Policlínico Médico Sanitario, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 18 de xullo de 2013

A secretaria xudicial