Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 26 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o requerimento de achega de baixas relativo ao expediente de regularización a Emilio Conles López.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de estar ausente do seu domicilio nos dous intentos practicados pola Administración, notifícaselle a Emilio Conles López o requerimento de achega de baixas relativo ao expediente de regularización da embarcación Dorita ao abeiro do Real decreto 1081/2012.

O prazo para achegar as baixas é de catro meses contados desde o día hábil seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781- Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE117A 2007/.

Nome: Emilio Conles López.

Enderezo: Camiño Real, 24- Renza- O Carril. 36611, Vilagarcía de Arousa. Pontevedra..

Embarcación: Dorita.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar