Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica a prórroga do prazo de achega de baixas relativo ao expediente de regularización a Jacinto Cacabelos Martínez.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), logo de estar ausente do seu domicilio nos dous intentos practicados pola administración, notifícaselle a Jacinto Cacabelos Martínez a prórroga do prazo de achega de baixas relativo ao expediente de regularización da embarcación Campeón ao abeiro do Real decreto 1081/2012.

O prazo para achegar as baixas prorrógase en dous meses contados desde o remate do prazo da notificación do requirimento de achega de baixas.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE117A 2007/.

Nome: Jacinto Cacabelos Martínez.

Enderezo: rúa Galicia, 11. 36980 O Grove (Pontevedra).

Embarcación: Campeón.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar