Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32241

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, e se procede á súa convocatoria.

O Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) recolle no eixo estratéxico 1 – xestión do talento, as actuacións de apoio á carreira investigadora, entre as que se atopa o Programa de apoio á etapa predoutoral.

Segundo o devandito plan, este programa financia contratos cunha duración máxima de tres anos. A contratación deste persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Igualmente, no eixo estratéxico 9 – proxectos singulares, plásmase o compromiso de establecer iniciativas de alto impacto en sectores especialmente estratéxicos e onde Galicia posúe contrastada potencialidade. Dentro deste eixo, nas súas liñas 9.1, unha vida de innovación (CEI) e 9.2, un mar de innovación, recóllese a aposta pola excelencia nos procesos de investigación, como se vén demostrando cos recoñecementos do Campus Vida, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela, e do Campus do Mar, liderado pola Universidade de Vigo, como Campus de Excelencia Internacional.

Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á Investigación no Sistema Universitario de Galicia (SUG), en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre homes e mulleres que recolle o artigo 1º da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres. Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria adoptan medidas específicas para fomentar a igualdade.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procede á convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral do ano 2013.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros, nas seguintes modalidades:

– Modalidade A: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral.

– Modalidade B: axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus do Mar».

– Modalidade C: axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional «Campus Vida».

Artigo 2. Beneficiarios e destinatarios

Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda. A duración do contrato será dun ano, prorrogable ata un máximo de 3, logo de informe favorable da comisión académica do programa de doutoramento, e deberá axustarse á lexislación laboral e fiscal vixente.

Poderán acceder a estas axudas as universidades do SUG que presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:

1. Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 3 desta orde para cada unha das diferentes modalidades.

2. Titulación: cumprir algunha das seguintes condicións:

2.1. Estar en posesión dun título universitario oficial español de grao e ter superados 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) entre estudos de grao e posgrao (dos que polo menos 60 sexan dun máster universitario).

2.2. Estar en posesión dun título universitario oficial español de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura superior e ter superados 60 créditos ECTS dun máster universitario que conduza ao doutoramento.

2.3. Estar en posesión dun título universitario oficial español de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica e ter superados 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais (dos que polo menos 60 sexan dun máster universitario).

2.4. Estar en posesión dun título universitario oficial español de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura superior e ter a suficiencia investigadora / Diploma de Estudos Avanzados (DEA).

2.5. Estar en posesión dun título obtido nun sistema educativo estranxeiro que acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Para os efectos de obter unha axuda deste programa, considérase que os títulos obtidos no estranxeiro serán válidos cando a universidade acredite que a persoa cumpre as condicións para ser admitida nun programa de doutoramento do SUG. Esta acreditación deberá expedila a universidade solicitante antes da sinatura do contrato.

A data de finalización dos estudos para a obtención do título universitario de licenciado/a, graduado/a ou equivalente que dean acceso aos estudos de máster universitario debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2009. Enténdese como data de finalización dos estudos aquela que figure no certificado requirido segundo o disposto no artigo 4, letra j3) desta orde. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2007, nos seguintes casos:

– Os/as licenciados/as ou graduados/as en medicina, farmacia, bioloxía, química ou psicoloxía que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).

– Os/as titulados/as que acrediten fidedignamente que se atopaban nalgunha das seguintes circunstancias entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 1 de xaneiro de 2009: que estaban de baixa maternal, que tiñan a cargo menores de 3 anos ou que tiñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que teñan discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.

3. Posuír unha media do expediente académico da titulación igual ou superior a 7. Para as titulacións de Enxeñería e Arquitectura a media deberá ser igual ou superior a 6. Esta media calcularase segundo o Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e complementariamente teranse en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos que estea vixente no momento de publicación desta convocatoria.

4. Estar matriculadas ou ter solicitada a súa admisión nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2013/14. No caso da modalidade B unicamente serán válidas as matrículas ou solicitudes de admisión no Programa de Doutoramento en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar (Do*Mar). No caso da modalidade C só serán válidas as matrículas ou solicitudes de admisión nun programa de doutoramento dos definidos pola universidade para o Campus Vida.

Cada unha das persoas que se propoñan como directoras de tese só poderá formar parte dunha solicitude no marco desta convocatoria e deberá cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 dos regulamentos dos estudos de doutoramento das universidades do SUG. O/a director/a que se propoña deberá estar integrado nun grupo de investigación no que se teñan dirixido e defendido cando menos tres teses desde o 1 de xaneiro de 2008.

Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas coas axudas do Programa María Barbeito do Incite, Predoutorais do I2C, FPU, FPI ou outras convocatorias de recursos humanos homologables (bolsas/contratos predoutorais ou equivalentes), agás as axudas predoutorais da propia universidade, ás cales terá que renunciar no caso de resultar seleccionado/a.

Artigo 3. Duración, importe e número das axudas

A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverán a partir do 1 de decembro de 2013, ata a data que corresponda segundo as sinaturas dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima dos tres anos e non poderán ser obxecto de prórroga.

O importe de cada contrato en cada unha das modalidades será de:

– Modalidade A: 19.000 € anuais, financiados ao 100 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Modalidade B: 22.000 € anuais, financiables ata un 80 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Modalidade C: 22.000 € anuais, financiables ata un 80 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada para cada modalidade, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais. Para que estes contratos sexan financiables será preciso que as persoas contratadas permanezan un mínimo de catro meses no programa.

– Un complemento de 500 € anuais por axuda, nas tres modalidades, financiado ao 100 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para cubrir os gastos asociados á contratación para cada axuda.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

O número máximo de contratos que poderán financiarse, segundo as distintas modalidades, será:

– Modalidade A: 70 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4. O número de axudas concedidas para cada ámbito de coñecemento dos cinco recollidos no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias Sociais e Xurídicas; Enxeñaría e Arquitectura; Ciencias da Saúde) non será inferior a 12, sempre que o número de solicitudes o permita.

– Modalidade B: 12 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4.

– Modalidade C: 12 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizos e á duración do contrato.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1º do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, as persoas contratadas polas universidades mediante estas axudas teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos á Seguridade Social, que se deriven do contrato que formalicen coa universidade de adscrición.

Artigo 4. Formalización e presentación de solicitudes

As universidades presentarán as solicitudes de xeito individualizado para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes axustaranse ao modelo normalizado ED481A que se publica como anexo III a esta orde e irán asinadas polo representante legal da universidade solicitante. O formulario de solicitude e os demais formularios normalizados que deben achegarse xunto con esta estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no enderezo http://www.edu.xunta.es, na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 9 de setembro de 2013. En todo caso este prazo non será inferior a 1 mes desde a data de publicación desta orde no DOG.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Se no uso deste dereito a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada por Correos antes de ser certificada.

Cada solicitude poderá optar a calquera das tres modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos para cada unha delas, e tomando en consideración os seguintes aspectos:

1. Se opta a máis dunha modalidade, deberá indicar a orde de prelación elixida no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo III).

2. No caso da modalidade B, deberá indicar o clúster ao que opta entre os recollidos no anexo II do Programa de Doutoramento en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar.

3. No caso da modalidade C, deberá indicar o programa de doutoramento e o clúster ao que opta entre os recollidos no anexo II.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades (anexo IV).

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo IV).

c) Consentimento expreso á Administración para incluír e facer públicos nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. A reserva que puidese facer o/a solicitante no sentido de non autorizar a obtención dos datos ou a publicidade dos datos nos rexistros que, en todo caso, terá que se expresar, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou á revogación do acto de outorgamento (anexo III e anexo VI).

d) Certificado do número de teses que se dirixiron e defenderon no grupo de investigación ao que pertence a persoa proposta para dirixir a tese desde o 1 de xaneiro de 2008.

e) Declaración responsable da persoa proposta para dirixir a tese de que se compromete a dirixir a tese de doutoramento da persoa candidata, de que cumpre cos requisitos establecidos no artigo 10 do Regulamento dos estudos de doutoramento das universidades do SUG e de que asina unha única solicitude no marco desta convocatoria (anexo V).

f) Fotocopia do NIF da persoa candidata a ser destinataria da axuda, só no caso de non autorizar a comprobación dos datos persoais a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que se recolle no anexo VI de declaracións xuradas, ou a fotocopia do pasaporte, no caso dos cidadáns non comunitarios que non teñan permiso de residencia en España.

g) Compromiso asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda aceptando a súa candidatura (anexo VI).

h) Unha declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda na que conste que non foi seleccionada ou contratada con cargo ás axudas do Programa María Barbeito do Incite, Predoutorais do I2C, FPU, FPI ou outras convocatorias de recursos humanos homologables e, de ser o caso, se recibiu algunha axuda predoutoral dunha universidade (anexo VI).

i) Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda de non ter o título de doutor/a (anexo VI).

j) Certificación académica detallada do título de licenciado, grao ou equivalente que lle deu acceso aos estudos de máster (orixinal ou fotocopia cotexada) na que conste expresamente:

j1) As cualificacións obtidas, as datas de obtención destas e o número de créditos.

j2) No caso de titulados no SUG a nota media segundo o Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento da publicación desta convocatoria. A nota media segundo o Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, no caso de titulados por universidades españolas non pertencentes ao SUG.

j3) A data na que se finalizaron os estudos e a constancia expresa de que as materias relacionadas constitúen o programa completo da titulación correspondente.

Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico nin as de universidades españolas que non se axusten ao Real decreto 1125/2003.

No caso de estudos validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica para os estudos de orixe, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas j1), j2) e j3) deste artigo.

Para os efectos de determinar a media do expediente académico, as persoas que acceden ao 2º ciclo dunha titulación superior a través do curso de adaptación correspondente, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á titulación de 1º ciclo ou aos estudos de 1º ciclo realizados, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas j1), j2) e j3) deste artigo.

As persoas que posúan unha certificación académica expedida en idioma distinto do castelán ou do galego deberanlle xuntar a correspondente tradución oficial.

No caso de titulacións estranxeiras, ademais dos detalles xerais indicados nas alíneas j1) e j3) deste artigo, a certificación indicará cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente e cal é a cualificación mínima para aprobar. Para determinar a nota media, xuntarase a emitida polo servizo de equivalencia de notas medias da Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) (http://notasmedias.aneca.es).

As persoas que se acollan aos supostos previstos no artigo 2 de finalización dos estudos en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2007 deberán acreditalo documentalmente.

k) Certificación académica detallada, orixinal ou fotocopia compulsada, na que se indiquen as cualificacións correspondentes, a data de finalización dos estudos e a nota media do expediente académico, na que conste, segundo corresponda:

k1) A obtención dun título oficial, ou a superación dun mínimo de 60 créditos, dun máster universitario que permita o acceso ao período de investigación dun programa de doutoramento, segundo o Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro (BOE do 10 de febreiro).

k2) A superación dun mínimo de 60 créditos por actividades formativas non incluídas nun máster universitario, nos termos establecidos no artigo 19.2.a) do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE do 30 de outubro).

k3) A superación dun mínimo de 60 créditos dun programa oficial de posgrao necesario para a admisión no doutorado, segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro de 2005 (BOE do 25 de xaneiro).

k4) A superación dos cursos académicos correspondentes ao programa de doutoramento a que se estea adscrito ou a obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ou suficiencia investigadora, no caso das ensinanzas reguladas polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril (BOE do 1 de maio).

k5) A superación dos estudos equivalentes ao título oficial español de máster universitario, no caso de que fosen realizados no estranxeiro. Xunto coa certificación engadirase a equivalencia de nota media emitida pola ANECA (http://notasmedias.aneca.es) para estes estudos.

l) Plan de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión entre 800 e 1500 palabras, no que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Estratexias específicas de análise e indagación que se vai utilizar.

– Planificación temporal.

– Sinatura da persoa que vai realizar o traballo e visto e prace da persoa proposta para dirixir a tese acreditando a viabilidade da proposta.

m) Fotocopia da matrícula ou da solicitude de admisión nun programa oficial de doutoramento nunha universidade do SUG para o curso 2013/14.

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas seleccionadas e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos/as seleccionados/as e dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web.

De conformidade co artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da comunidade autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social poderá ser substituída por unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.

Artigo 5. Tramitación

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades, que comprobará que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporá a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es/ (no punto da Secretaría Xeral de Universidades).

Esta lista estará exposta por un período de 10 días naturais e as persoas interesadas poderán durante ese prazo formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, o secretario xeral de Universidades ditará unha resolución pola que se aproban as listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Artigo 6. Avaliación e selección

A selección das solicitudes realizarase a partir das puntuacións obtidas pola aplicación dos baremos que se especifican neste artigo. A valoración farase chegar á comisión de selección, que elaborará a proposta de resolución de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

A comisión de selección estará constituída por sete membros:

– O/a titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou persoa na que delegue, que actuará como presidente/a da comisión.

Serán vogais da comisión:

– O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en que delegue.

– O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo/a presidente/a da comisión de selección.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

O baremo aplicable será o seguinte:

a) Expediente académico da licenciatura, grao ou equivalente: nota media da titulación segundo os criterios sinalados no artigo 4.j). Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, será ponderada pola media da titulación dos cursos 2009/10, 2010/11 e 2011/12, remitida polas universidades do SUG. No caso das persoas cuxa titulación non exista no SUG ponderarase pola media da titulación que se considere máis afín, por proposta da comisión de selección.

b) Estudos de terceiro ciclo, programa oficial de posgrao ou de máster: media segundo o artigo 4.l) do DEA, dos créditos correspondentes ao programa de doutoramento, ou media dos créditos superados do programa oficial de posgrao ou do máster universitario que dean acceso ao programa de doutoramento, segundo corresponda.

c) Pola presentación en galego do plan de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a recibirá 1,5 puntos.

d) A puntuación final de cada persoa candidata obterase segundo a seguinte fórmula:

Nota media ponderada da titulación x 3 + Nota media do máster (ou equivalente) + puntuación pola presentación do plan de investigación en galego.

A nota media ponderada da titulación calcularase de acordo coa seguinte fórmula: nota media da titulación da persoa candidata elevada ao cadrado dividida pola nota media da titulación correspondente dos cursos 2009/10, 2010/11 e 2011/12 achegada polas universidades.

– Na modalidade A, as solicitudes recibidas agruparanse no correspondente ámbito de coñecemento dos cinco recollidos no Real decreto 1393/2007, isto é, Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias Sociais e Xurídicas; Enxeñaría e Arquitectura; e Ciencias da Saúde. A adscrición dos diferentes títulos universitarios oficiais do SUG a estes ámbitos de coñecemento aparece recollida no anexo I desta orde. En caso doutras titulacións indicarase na solicitude a que ámbito corresponden.

As solicitudes desta modalidade ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando pola persoa candidata de maior puntuación, respectando o número de axudas por ámbitos de coñecemento recollido no artigo 3 desta convocatoria e o número máximo de cidadáns non comunitarios.

– Na modalidade B, as solicitudes recibidas agruparanse por clústers. As solicitudes desta modalidade ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando polos dous candidatos ou candidatas de maior puntuación de cada clúster (ata un total de 8). As outras catro prazas adxudicaranse aos candidatos e candidatas restantes con mellor nota, independentemente do clúster no que se apuntasen. En calquera caso respectarase o número máximo de cidadáns non comunitarios.

– Na modalidade C, as solicitudes recibidas agruparanse por clústers. As solicitudes desta modalidade ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando polos tres candidatos ou candidatas de maior puntuación de cada clúster (ata un total de 9). As outras tres prazas adxudicaranse ás restantes persoas candidatas con mellor nota, independentemente do clúster no que se apuntasen. En calquera caso respectarase o número máximo de cidadáns non comunitarios.

e) No caso de que cos criterios enunciados anteriormente persista a igualdade de puntuación, prevalecerán as mulleres sobre os homes e, de manterse o empate, a solicitude de maior nota media do título de licenciatura, grao ou equivalente.

f) A comisión de selección elaborará unha lista de agarda para cada modalidade por orde decrecente de puntuación, na que figurarán as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección. Para a elaboración destas listas non se terán en conta o número mínimo de axudas por áreas de coñecemento recollido no artigo 3 desta convocatoria, nin o número máximo de cidadáns non comunitarios, nin a distribución por clústers.

A proposta de concesión formulada pola comisión así como, de ser o caso, as listas de agarda para posibles substitucións, publicaranse na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://www.edu.xunta.es. Esta publicación terá só efectos informativos.

Artigo 7. Resolución

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A comisión de selección elevaralle a proposta de resolución que incluirá, para cada universidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas e as listas de agarda de cada modalidade. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de 5 meses, contados desde a publicación desta orde. A non resolución en prazo faculta os/as interesados/as para entenderen desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polos/as interesados/as mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

As universidades cuxas solicitudes sexan denegadas ou desestimadas poderán recuperar a documentación presentada, no prazo dun ano a partir da publicación da concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia. Pasado ese prazo, aquela documentación que non sexa recollida será destruída, agás a que for obxecto de recurso.

Artigo 8. Aceptación da axuda

A aceptación da axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión Europea.

Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias procederán á contratación das persoas seleccionadas para os seus organismos mediante a formalización de contratos predoutorais, consonte co artigo 2 desta convocatoria.

A data límite para a sinatura dos contratos será o 30 de decembro de 2013, agás para os cidadáns non comunitarios que poderán asinar o contrato ata o 28 de febreiro de 2014.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Xunto con cada un dos contratos as universidades achegarán a seguinte documentación:

1. Documento de aceptación da axuda.

2. Certificación ou documento acreditativo de que a persoa contratada está matriculada nun programa de doutoramento oficial impartido nunha universidade do SUG, así como que realiza a tese nun centro do SUG. Para a modalidade B unicamente serán válidas as matrículas no Programa de Doutoramento en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar (Do*Mar) e para a modalidade C as matrículas nun programa de doutoramento do Campus Vida. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois, achegarase a acreditación de que a persoa contratada cumpre as condicións para ser admitida nun programa de doutoramento.

3. Certificación, expedida pola Comisión Académica de Programas de Doutoramento, na que conste a aprobación do proxecto de traballo de investigación e os datos relativos ao director ou directora do proxecto de tese e á titora ou titor, no caso de que este/a non sexa o/a director/a da tese.

Artigo 9. Libramento da subvención

As universidades como beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas, serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes axeitadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Para proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente remita a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

– Copia cotexada dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura.

– As certificacións dos gastos e pagamentos realizados, acompañadas das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social das persoas contratadas da que só se terá en conta aquela documentación relativa ás persoas contratadas que permanecesen no programa un mínimo de catro meses, quedando sen ningún tipo de compromiso económico os que non respecten este período.

– Declaración responsable de estar ao día das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración, de conformidade co artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

A documentación indicada nos dous puntos anteriores achegarase consonte a seguinte periodización:

a) No mes de decembro de 2013, unha vez recibidos os contratos, libraranse os fondos pertencentes ao complemento por axuda, destinado a cada unha das universidades beneficiarias.

b) Na data límite do 30 de xuño de 2014, a documentación correspondente ás mensualidades de decembro de 2013 a abril de 2014, ambos os dous meses incluídos.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada que quedaran pendentes de xustificar en decembro de 2013, destinado a cada unha das universidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato.

c) Na data límite do 20 de decembro de 2014, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2014 a outubro de 2014, ambos os dous meses incluídos.

d) Na data límite do 30 de xuño de 2015, a documentación correspondente ás mensualidades de novembro de 2014 a abril de 2015, ambos os dous meses incluídos.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das universidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato.

e) Na data límite do 20 de decembro de 2015, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2015 a outubro de 2015, ambos os dous meses incluídos.

f) Na data límite do 30 de xuño de 2016, a documentación correspondente ás mensualidades de novembro de 2015 a abril de 2016, ambos os dous meses incluídos.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das universidades beneficiarias, correspondente ao terceiro ano de contrato.

g) Na data límite do 20 de decembro de 2016, a documentación correspondente ás mensualidades de maio de 2016 a outubro de 2016, ambos os dous meses incluídos.

h) Na data límite do 30 de xuño de 2017, a documentación correspondente ao período desde novembro de 2016 ata a finalización do contrato, sen que isto supoña nunca a superación máxima dos tres anos de axuda.

Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 365 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

O cofinanciamento co Fondo Social Europeo (FSE) implica que os/as beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Achegar a copia do contrato, nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social das persoas contratadas.

2. Manter unha separación contable adecuada dos gastos da subvención que facilite a «pista de auditoría», así como conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello.

3. Cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e comunicarlles ás persoas contratadas o cofinanciamento polo FSE do custo subvencionado do contrato.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Xunto coa última xustificación, a universidade beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, correspondente á propia universidade e a cada unha das persoas contratadas. No caso de que a persoa contratada renunciase durante a vixencia do programa, esta declaración presentarase xunto coa renuncia.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 10. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e coa realización doutro traballo remunerado.

Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación). Neste caso será preciso que a universidade beneficiaria presente na Secretaría Xeral de Universidades, para a súa autorización se procede, unha breve memoria descritiva dos traballos, asinada pola persoa contratada, con indicación expresa de que as ditas bolsas son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

As persoas contratadas con cargo a estas axudas poderán, por petición propia, dedicar ata un máximo de 60 horas por curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias, logo da conformidade entre o director do traballo de investigación e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

No momento en que algunha das persoas contratadas realice a lectura da súa tese de doutoramento, a universidade beneficiaria deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades no prazo dos 15 días seguintes; se o escrito vén acompañado dun informe do/a director/a da tese dando conta de que o/a doutorando/a participa noutras tarefas de investigación, non retribuídas, do grupo, poderase autorizar, por parte da Secretaría Xeral de Universidades, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate da anualidade vixente do contrato, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 11. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a beneficiario/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 12. Incumprimento, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nesta convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da universidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Renuncia das axudas e interrupcións

No caso de que se produza algunha renuncia, o órgano de resolución da convocatoria poderá adxudicar a axuda ás solicitudes da lista de agarda, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de catro meses a partir da data de resolución. As persoas substitutas quedarán suxeitas ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

No caso de que a persoa seleccionada perdese a condición de contratado/a unha vez percibidas as axudas pola súa universidade, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a universidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades, nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza.

Durante a vixencia do contrato a súa suspensión en virtude das causas previstas nos artigos 45 e 46 do Estatuto dos traballadores non comportará a ampliación da duración da axuda, agás as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade durante o período de duración do contrato, que interromperán o seu cómputo, de conformidade co establecido na disposición derradeira terceira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Neste caso, o tempo interrompido poderá recuperarse sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. En ningún caso a recuperación do tempo interrompido poderá supoñer un aumento do importe da axuda concedida inicialmente e a cantidade correspondente á cota patronal da Seguridade Social do período prolongado correspóndelle asumila á universidade contratante.

Artigo 14. Control

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Poderá solicitar un informe ás universidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre as persoas contratadas, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do contratado/a. Este informe poderá ser solicitado durante os dous anos seguintes á data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

Antes do remate de cada ano de contrato e para proceder á súa renovación, cada universidade remitirá o informe favorable da Comisión Académica do programa de doutoramento, xunto coa proposta de renovación e a prórroga do contrato, de ser o caso.

Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control sobre os fondos de cohesión e, en particular, de FSE.

Artigo 15. Dotación orzamentaria

As axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 09.40.561B.444.4 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, na que existe crédito axeitado e suficiente, coa seguinte distribución por anos:

Programa

Modalidade

Crédito en euros

2013

2014

2015

2016

2017

Total

Predoutorais

Xeral (A)

35.000,00

1.219.166,67

1.365.000,00

1.365.000,00

110.833,33

4.095.000,00

Campus do Mar (B)

6.000,00

193.600,00

217.200,00

217.200,00

17.600,00

651.600,00

Campus Vida (C)

6.000,00

193.600,00

217.200,00

217.200,00

17.600,00

651.600,00

Total

47.000,00

1.606.366,67

1.799.400,00

1.799.400,00

146.033,33

5.398.200,00

Estes créditos poderán redistribuírse entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e as persoas contratadas con cargo a elas deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición derradeira primeira

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda

Esta orde poderá ser recorrida mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Ámbitos de coñecemento

Artes e Humanidades

LRU

Grao

Licenciatura en Historia

Historia

Xeografía e Historia

Licenciatura en Historia da Arte

Historia da Arte

Licenciatura en Filosofía

Filosofía

Licenciatura en Humanidades

Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Humanidades

Licenciatura en Filoloxía Alemá

Lingua e Literatura Modernas

Licenciatura en Filoloxía Francesa

Licenciatura en Filoloxía Italiana

Licenciatura en Filoloxía Portuguesa

Licenciatura en Filoloxía Románica

Licenciatura en Filoloxía Clásica

Filoloxía Clásica

Licenciatura en Filoloxía Galega

Lingua e Literatura Galegas

Estudos de Galego e Español

Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

Lingua e Literatura Españolas

Estudos de Galego e Español

Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

Lingua e literatura inglesas

Linguas Estranxeiras

Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Belas Artes

Belas Artes 

Licenciatura en Tradución e Interpretación

Tradución e Interpretación

Licenciatura en Documentación

Información e Documentación

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación

Ciencias

LRU

Grao

Licenciatura en Matemáticas

Matemáticas

Licenciatura en Bioloxía

Bioloxía

Licenciatura en Química

Química

Licenciatura en Física

Física

Ciencias Ambientais

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Nutrición Humana e Dietética

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Licenciatura en Ciencias do Mar

Ciencias do Mar

Ciencias da Saúde

LRU

Grao

Diplomatura en Enfermaría

Enfermaría

Diplomatura en Óptica e Optometría

Óptica e Optometría

Licenciatura en Farmacia

Farmacia

Licenciatura en Medicina

Medicina

Licenciatura en Odontoloxía

Odontoloxía

Licenciatura en Psicoloxía

Psicoloxía

Licenciatura en Veterinaria

Veterinaria

Diplomatura en Fisioterapia

Fisioterapia

Diplomatura en Logopedia

Logopedia

Diplomatura en Podoloxía

Podoloxía

Diplomatura en Terapia Ocupacional

Terapia Ocupacional

Enxeñaría e Arquitectura

LRU

Grao

Enxeñaría Técnica en Topografía

Enxeñaría Xeomática e Topografía

Enxeñeiro Agrónomo

Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

Enxeñaría Agraria

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Mecanización e Construcións Rurais

Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Explotacións Agropecuarias

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Hortofruticultura e Xardinaría

Enxeñeiro de Montes

Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

Enxeñaría Técnica Forestal, esp. en Explotacións Forestais

Enxeñaría Química

Enxeñaría Química

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Química Industrial

Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Licenciatura en Química (Ciencias)

Enxeñaría Técnica de Obras públicas, esp. en Transportes e Servizos Urbanos

Enxeñaría Civil

Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial

Enxeñaría de Enerxía

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, esp. en Sistemas de Telecomunicación

Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, esp. en Son e Imaxe

Enxeñeiro de Telecomunicación

Enxeñeiro de Minas

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Enxeñeiro de Organización Industrial

Enxeñaría en Organización Industrial

Enxeñeiro Técnico Industrial, esp. en Química Industrial

Enxeñaría en Química Industrial

Enxeñeiro Industrial

Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Enxeñeiro Técnico Forestal, esp. en Industrias Forestais

Enxeñaría Forestal

Enxeñeiro Técnico Industrial, esp. en Mecánica

Enxeñaría Mecánica

Arquitecto

Arquitectura

Arquitecto Técnico

Enxeñaría de Edificación

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Construcións Civís

Enxeñaría de Obras Públicas

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electricidade

Enxeñaría Eléctrica

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial

Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial

Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñeiro en Informática

Enxeñaría Informática

Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión

Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas

Licenciatura en Máquinas Navais

Enxeñaría Mariña

Diplomatura en Máquinas Navais

Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo

Enxeñaría Náutica e de Transporte Marítimo

Diplomatura en Navegación Marítima

Enxeñaría Naval e Oceánica

Arquitectura Naval

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Estruturas Mariñas

Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

Tecnoloxía de Enxeñaría Civil

Ciencias Sociais e Xurídicas

LRU

Grao

Diplomatura en Relacións Laborais

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

Administración e Dirección de Empresas

Diplomatura en Ciencias Empresariais

Consultoría e Xestión da Información

Comercialización e Loxística

Ciencias Empresariais

Comercio

Licenciatura en Ciencias Políticas

Ciencia Política e da Administración

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Dereito

Dereito

Licenciatura en Economía

Economía

Licenciatura en Pedagoxía

Pedagoxía

Licenciatura en Xeografía

Xeografía e Ordenación do Territorio

Licenciatura en Xornalismo

Xornalismo

Mestre, especialidade en Educación Musical

Educación primaria

Mestre, especialidade en Educación Primaria

Mestre de Educación Primaria

Mestre de Educación Física

Mestre de Audición e Linguaxe

Mestre, especialidade en Educación Especial

Mestre, especialidade en Lingua Estranxeira

Mestre, especialidade en Educación Física

Mestre, especialidade en Educación Infantil

Educación Infantil

Diplomatura en Educación Social

Educación Social

Diplomatura en Traballo Social

Traballo Social

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas

Publicidade e Relacións Públicas

Diplomatura en Turismo

Turismo

Diplomatura en Xestión e Administración Pública

Dirección e Xestión Pública

Licenciatura en Socioloxía

Socioloxía

ANEXO II
Modalidade B: Campus do Mar

Clúster

Área de especialización

Observación do océano e cambio global

Observación do océano

Cambio global

Uso sostible dos recursos mariños

Xestión e uso dos recursos

Acuicultura

Transformación e valorización

Xestión integral do mar

Análise e avaliación ambiental da zona costeira

Planificación litoral

Protección costeira e seguridade marítima: enxeñaría e regulación

Progreso tecnolóxico, enxeñaría e xestión empresarial

Tecnoloxía naval e sistemas

Infraestruturas portuarias, xestión e transporte marítimo

Xestión, dereito e competitividade

Enerxía

Modalidade C: Campus Vida

Clúster

Área de investigación

Vida saudable e saúde

Medio natural saudable e sustentabilidade dos recursos naturais. Biodiversidade

Nutrición, seguridade e tecnoloxía alimentaria

Saúde e benestar. Envellecemento

Eficiencia dos recursos

Sociedades inclusivas e innovadoras

Bioeconomía

Prevención, diagnose e tratamento de enfermidades

Xenética e xenómica

Desenvolvemento de medicamentos

Medicina molecular

Enfermidades crónicas

Ómicas e saúde. Medicina personalizada

Mellores prácticas no sector sanitario

Tecnoloxías innovadoras e aplicacións da industria para o coidado da saúde

Tecnoloxías da información e a comunicación para unha mellor calidade de vida

Física médica

Química biolóxica. Biomateriais avanzados

Nanomedicina. Nanotecnoloxía

Seguridade e farmacia

Biotecnoloxía e procesos de fabricación avanzados

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file