Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32273

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 11 da Orde do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2013, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2013.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as actividades de fomento da prevención de riscos laborais recollidas no artigo 3 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1, cun importe total 340.000 euros, subvencionaranse programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego.

Na liña 2, cun importe total 1.232.500 euros, subvencionaranse outras accións de fomento da prevención de riscos laborais, que deberán estar incluídas na seguinte relación:

De formación, destinadas aos traballadores e traballadoras galegas:

• Formación específica sectorial en prevención de riscos laborais destinada a traballadores e traballadoras activas e en situación de desemprego, delegados e delegadas de prevención de empresas galegas preferentemente de entre 6 e 49 persoas traballadoras, recursos preventivos e traballadores e traballadoras designados en empresas de menos de 49 traballadores que asuman con medios propios a actividade preventiva da empresa.

Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral:

• De investigación e prospección para a análise da mellora das condicións de traballo en sectores concretos da actividade económica.

De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

• Gabinetes técnicos sectoriais de difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

• Accións divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais e/ou de intercambio de experiencias e boas prácticas en seguridade e saúde laboral.

• Realización de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións en seguridade e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 92, do 15 de maio).

Crédito orzamentario: 1.572.500,00 € (un millón cincocentos setenta e dous mil cincocentos euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.02.324B.481.1 (1.572.500,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Beneficiarios da subvención e importe: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 30.4.2013)
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Expediente SXPA

Razón social

CIF

Importe

3

Instalectra

G36640845

10.000,00 €

4

Federación Galega de Parques Empresariais

V15650369

12.000,00 €

5

Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca-Fegapesca

G27780360

10.000,00 €

7

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

5.000,00 €

8

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

25.000,00 €

9

Apecco

G15033160

32.000,00 €

10

Fegatrans

G32400293

6.500,00 €

12

Unión Sindical de Traballadores de Galicia

G15829583

725,91 €

13

Asetranspo

G36627719

6.500,00 €

14

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña

G15083215

9.000,00 €

15

ASIME

G36614774

70.000,00 €

16

Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e Emprego (Formega)

G15864663

70.014,00 €

19

Agase

G70011416

4.000,00 €

20

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo

G27021005

5.000,00 €

21

Cel

G27019793

25.000,00 €

22

Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia AED Galicia

G70089156

5.000,00 €

23

Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo

G27010081

40.000,00 €

24

USO Galicia

G15380033

40.000,00 €

25

Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense

G32005837

5.000,00 €

27

Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra

G36614907

8.609,85 €

37

Fetram (Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada

G32345670

6.500,00 €

38

Organización de Empresas Prestadoras de Servicios Sociales

G70239496

10.000,00 €

39

APE Galicia

G36550630

10.000,00 €

40

Confederación de Empresarios de A Coruña

G15029960

25.000,00 €

41

Federación Gallega de Autoescuelas

V27103175

5.000,00 €

42

Fundación para la Pesca y Marisqueo-Fundamar

G27745397

40.000,00 €

43

Fegafon

G15435969

12.000,00 €

44

Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra

G36614071

30.000,00 €

46

Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense

G32015828

32.000,00 €

48

ANPE Sindicato Independiente

G78248630

1.700,00 €

49

Auga Autónomos de Galicia

G15798465

20.000,00 €

51

Aesga

G36748093

6.000,00 €

52

Aecalpo

G36274306

5.000,00 €

57

Unións Agrarias UPA

G15115322

36.060,00 €

58

ATA Galicia

G15812811

10.000,00 €

60

Aclunaga

G15710338

20.000,00 €

62

Asociación Profesional Xóvenes Agricultores

G15200843

35.000,00 €

63

Central Sindical e Independiente de Funcionarios de Galicia (CSI-F Galicia)

G70228713

40.000,00 €

64

Confederación Intersindical Galega

G36706927

92.300,00 €

65

S.N. de CC.OO. de Galicia

G15103112

125.400,00 €

66

UGT-Galicia

G15383011

187.079,87 €

67

CEG

G15080476

214.000,00 €

70

Agaspa

G15900194

4.000,00 €

73

Ageinco

G36942720

3.000,00 €

75

Aproinppa

G36616159

3.000,00 €

76

Asociación de Excavadores de Galicia

G36563708

10.000,00 €

80

Sindicato Labrego Galego

G27023951

28.449,59 €

81

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

35.000,00 €

84

Agrupación Empresarial Innovadora de Restauración, Hospedaje y Turismo de Galicia (AEI)

G70211040

4.000,00 €

85

Opaga

G70004692

45.000,00 €

86

Asociación Galega de Áridos

G36345718

5.000,00 €

87

Asociación Clúster do Granito

G36644961

3.000,00 €

88

Federación de Autónomos de Galicia

V15440639

8.660,78 €

91

Transgacar

G15640808

6.500,00 €

92

Federación Galega de Transporte de Mercadorías Fegatramer

G15086358

6.500,00 €

97

Fegat

G15140718

5.000,00 €

98

CEP

G36615219

25.000,00 €

99

Federación Gallega de Comercio

G27170158

13.000,00 €

101

Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia

G15075674

15.000,00 €