Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32083

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de xullo de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 3 de abril de 2013 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

Mediante a Orde do 3 de abril de 2013 (DOG núm. 70 do xoves, 11 de abril), procédese á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

No seu artigo 5.-Financiamento, precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas, e, así mesmo, que os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes nesta liña de axuda, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, aprobáronse os correspondentes expedientes de xeración e ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 14 e 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 3 de abril de 2013 (DOG núm. 70 do xoves, 11 de abril), pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

2. O incremento da dotación será de 358.000 euros, con cargo á aplicación 12.22.713C.771.4.

3. A contía total para as axudas que deriven da aplicación desta orde é de 595.872 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.22.713C.771.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

4. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional única

A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 3 de abril de 2013.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar