Por Orde do 9 de abril de 2013 (DOG do 18 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2013.
Reunida a comisión prevista no ordinal oitavo da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co ordinal décimo da orde de referencia,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde.
Segundo. Desestimar as solicitudes presentadas por unha federación e as asociacións de pais de alumnos de centros que se relacionan no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.
Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2013 a seguinte documentación:
a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pago. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.
b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 9 de abril de 2013 (DOG do 18 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2013.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
CIF |
Confederación/federación/APA CEE |
Concello |
Importe (€) |
G15115165 |
Confapa (Confederación Galega APAS centros públicos) |
A Coruña |
11.208,40 |
G15098114 |
Congapa (Confederación Galega de APAS) |
A Coruña |
8.162,40 |
G15042617 |
Federación Provin. APAS centros públicos |
A Coruña |
6.368,00 |
G15089857 |
Fapa (Federación provincial APAS centros privados A Coruña) |
A Coruña |
1.506,00 |
G27019140 |
Fapacel (Federación provincial APAS centros públicos Lugo) |
Lugo |
3.332,00 |
G27043389 |
Fapalugo (Federación APAS provincia Lugo) |
Lugo |
1.308,00 |
G32009037 |
Federación provincial APAS centros públicos As Burgas |
Ourense |
3.530,00 |
G36020311 |
Fanpa (Federación provincial ANPA centros públicos) |
Pontevedra |
4.718,00 |
G15062839 |
Fecapa (Federación Central de APAS) |
Santiago |
1.448,00 |
G36358497 |
Federación O Con |
Sanxenxo |
876,00 |
G36743946 |
Federación olívica Foanpas de Vigo |
Vigo |
2.108,00 |
V15869431 |
APACE ASPANAES Castro Elviña |
A Coruña |
850,00 |
G15984990 |
APA CEE Ntra. Sra. del Rosario |
A Coruña |
850,00 |
G70313804 |
ANPA CEE María Mariño |
A Coruña |
850,00 |
G15412026 |
APA CEE Terra de Ferrol |
Ferrol |
850,00 |
G15747678 |
ANPA CEE Amicos |
Ribeira |
850,00 |
G25159425 |
ANPA CEE Santa María |
Lugo |
850,00 |
G27220839 |
APA CEE Infanta Elena |
Monforte |
850,00 |
G32411084 |
ANPA CEE Ilustre Mestre |
Ourense |
850,00 |
G32022774 |
ANPA CEE Miño |
Ourense |
850,00 |
V36130169 |
APA Joaquina Otero CEE San Xerónimo Emiliani |
A Guarda |
850,00 |
G36164515 |
APA CEE Juan XXIII |
Marín |
850,00 |
G36753895 |
APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María |
Nigrán |
850,00 |
G36630614 |
APA CEE Menela |
Nigrán |
850,00 |
G36180768 |
APA CEE Juan XXIII |
Pontevedra |
850,00 |
G36152262 |
APA CEE Santísimo Cristo del Amor-ACEESCA |
O Porriño |
850,00 |
G36682102 |
APA CEE San Rafael |
Vigo |
850,00 |
G36131027 |
APA CEE Marxión |
Vilagarcía |
850,00 |
G36024941 |
APA CEE Os Mecos |
Vilanova |
850,00 |
ANEXO II
CIF |
Confederación/federación/APA CEE |
Concello |
Causas da desestimación |
G15323595 |
FEANPAS ANPAS centros públicos Ferrolterra |
Ferrol |
Solicitude presentada fóra de prazo. |
G36361152 |
ANPA Volvoreta CRA Mestre Manuel Garces |
Tomiño |
Non está rexistrada como ANPA dun CEE. |
G36148914 |
ANPA CEIP Baño-Xanza |
Valga |
Non está rexistrada como ANPA dun CEE. |
G36394070 |
ANPA CRA de Valga |
Valga |
Non está rexistrada como ANPA dun CEE. |