Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2013/153-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT Lougares.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor hersatene RHZ1 de175 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4 da LMT derivación Lougares e final no CT proxectado. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado en Lougares, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra