Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.
Domicilio social: Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT, CT O Puño.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor hersatene RHZ1 de 637 metros de lonxitude, con orixe no CT existente Anrofe-Puño e final no CT proxectado.Centro de transformación de 250 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado no Puño, Cristiñade, Ponteareas. Tres saídas de LMT do CT proxectado, L6 cara ao CT cinco esquina, L6 cara ao CT Ganade e derivación A Penela, de 40 metros cada unha delas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 5 de xullo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra