Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32036

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a varias encomendas de xestión á empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec) subscritas no exercicio 2013, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Encomenda de xestión para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas con procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario-3.48 Prevención e control integrados da contaminación.

– Actividade: apoio técnico cualificado na análise dos proxectos e dos documentos e anexos que forman parte dos procedementos de avaliación ambiental, de xeito que se poidan valorar as consecuencias que van ocasionar no ambiente as actuacións descritas nestes expedientes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comezará o 18 de abril de 2013 e rematará o 31 de decembro de 2013.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose no tema prioritario 3.48 (Prevención e control integrados da contaminación).

2. Encomenda de xestión para a prestación de apoio na implantación, xestión, execución e seguimento das liñas estratéxicas do PXRUG 2010-2020 de competencia da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario 3.44 Xestión dos residuos domésticos e industriais.

– Actividade: apoio técnico cualificado nas actividades derivadas da posta en marcha do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020, no ámbito de competencias da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comezará o 24 de abril de 2013 e rematará o 31 de decembro de 2013.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose no tema prioritario 3.44 (Xestión dos residuos domésticos e industriais).

3. Encomenda de xestión para a análise, xestión e control de expedientes relativos aos produtores e xestores de residuos cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.Tema prioritario 3.44 Xestión dos residuos domésticos e industriais.

– Actividade: apoio técnico cualificado en parte das funcións desenvolvidas pola Subdirección Xeral de Residuos e Solos Contaminados. Este apoio céntrase nos expedientes relativos aos produtores e xestores de residuos e no desenvolvemento dunha plataforma SIX relativa á xestión de residuos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comezará o 19 de abril de 2013 e rematará o 31 de decembro de 2013.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, encadrándose no tema prioritario 3.44 (Xestión dos residuos domésticos e industriais).

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas