De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-10.13 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.
Advírtese ao interesado de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2013
Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección
ANEXO
Nº de expediente: S-P-10.13.
Interesado: Karpin Vivenda, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Areal, 4, 1º, 36201 Vigo.
Feitos imputados: remocións de terra no edificio situado na rúa Poboadores nº 24, no Concello de Vigo, no ámbito de protección do Conxunto Histórico de Vigo.
Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.