Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento peza de medidas preventivas 3/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Torres Vigo contra a empresa Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent. S.L. e Sanrent, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Denégase o embargo preventivo solicitado pola parte demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes coa advertencia de que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de cinco días».

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña).

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Autos 33, S.A., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial