Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (950/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o dezasete de xuño de dous mil trece.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte á sentenza, declároa firme e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar, para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que a sentenza foi notificada o 27.5.2013 a Pablo Gondelle Peña, o 31.5.2013 a Escayolas Gasamáns, S.L., e o 27.5.2013 ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial