Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto mediante tramitación ordinaria para a contratación do servizo de modelos en vivo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (expediente 311/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais Campus As Lagoas, Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 35 56.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8) Data límite de obtención de documentación e información: día 24 de agosto 2013.

d) Número de expediente: 311/13.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de modelos en vivo na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

1) Domicilio: rúa Maestanza, 2.

2) Localidade e código postal: 36002 Pontevedra.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do 1 de xaneiro de 2014, ou do día seguinte ao da formalización do contrato se esta data e posterior. Non obstante, en ambos os casos o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 5.2 do PCAP.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.A.: 74.90.2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 319.652,96 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 38 €/hora. Importe IVE incluído: 45,98 €/hora.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 8.360 €.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica financeira e técnica e profesional: a que se indica nos números 11,12 e 13 respectivamente na folla resumo de características do prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 31 de agosto de 2013.

b) Modalidade de presentación: papel, 2 sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais. Praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobre C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de xullo de 2013.

12. Outras informacións: o prazo para interpoñer recurso especial en materia de contratación é de 15 días hábiles contados desde a data en que se remita a comunicación do acto impugnado.

Vigo, 22 de xullo de 2013

P.S. (Resolución reitoral do 18.7.2013)
Emilio Martínez Rivas
Vicexerente de Recursos Humanos