Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública (expediente 72/2012).

Por instancia de Distribuidora Noroeste de Productos, S.L. tramítase de licenza de actividade para nave destinada a almacén e venda de materiais de electricidade sita no Rial, nº 1, Santa Comba de Bértola.

De acordo co proxecto técnico presentado, e en cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP de Pontevedra, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende legalizar poidan examinar o expediente e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Vilaboa, 4 de xuño de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde