Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31116

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO de solicitude de ofertas e adxudicación da venda do aceiro procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Medioambiental de Cerceda (NC 0008/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 26 de agosto de 2013, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 6 de setembro de 2013, ás 11.30 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

• www.sogama.es, epígrafe Perfil do contratante.

• Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 29 de xullo de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente