Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 30708

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 116/2013, do 1 de agosto, polo que se dispón que cese Francisco José Vidal-Pardo Pardo como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de agosto de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Francisco José Vidal-Pardo Pardo como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, un de agosto de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar