Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 110/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: novo punto fronteira Unión Fenosa Distribución, S.L.-Electra Cabalar, S.L.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,53 km, coa orixe en apoio existente e final no centro de seccionamento prefabricado proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240Al).

Centro de seccionamento prefabricado (CS) con rede de alimentación a 15 kV compartido co Electra Cabalar, S.L. (IN407A 127/2012), equipado con tres celas de liña (1) entrada, (1) saída e (1) remonte.

Dous pasos aéreo subterráneos que se vai instalar no apoio existente D91 da LMTA EUM701-EUN702 de titularidade de Unión Fenosa Distribución, S.A., que se corresponde có novo punto fronteira con Electra de Cabalar, S.L.

Con data do 6 de xuño de 2013 Electra de Cabalar, S.L. presenta acordo de cesión a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A. das celas de entrada, saída e remonte que se van instalar no CS, tramo de liña subterránea dobre circuíto desde apoio D19 da LMT DC EUM 702,
2 pasos aéreo subterráneos no apoio D91 e a cesión de uso de parte do CS.

O centro de seccionamento prefabricado será de titularidade de Electra de Cabalar, S.L. e de uso compartido con Unión Fenosa Distribución, S.A., separadas as dúas instalacións por unha reixa metálica. Os contadores están situados na parte de Electra de Cabalar, S.L. e con cerraduras normalizadas para que Unión Fenosa Distribución, S.A. poida ter acceso a eles, segundo establece o regulamento de aplicación.

A totalidade das instalación, incluída a que se cede a Unión Fenosa Distribución, S.A. foron sometidas a información pública por Resolución do 5 de setembro de 2012 e publicada no DOG nº 186 (28.9.2012) e BOP nº 193 (9.10.2012). Durante a fase de información pública non se presentaron alegacións no expediente (IN407A 127/2012).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña