Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2013/90-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: López Cuevillas, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMT, CS e CT de 630 kVA para supermercado.

Situación: avenida das Mariñas/rúa do Seixo, Oleiros.

Características técnicas: liña acometida de MT en anel, cable 12/20 kV, 1×240 AL de 5 + 5 m de lonxitude. CS de interior, en caseta con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A. CT de 630 kVA, relación 15/0,42 kV, en baño de silicona, aparellaxe de proteción e medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña