Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2013/126-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

Domicilio social: avenida Fernando de Casas Novoa, 35 B, 3º C-D, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTA ao CT do centro de telecomunicacións PO-05 A Lama.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 180 metros de lonxitude, con orixe no tramo 804 5276 da LMT SJG804 Cerdedo-cog. C.H. Dorna 4 e final no CT que dará subministración ao centro de telecomunicacións PO-05 A Lama. A instalación está situada en Outeiro Calvo-Monte A Lama, concello da Lama.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra