Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 30944

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 118/2013, do 18 de xullo, polo que se aproba a relación e clasificación de estradas de titularidade municipal do concello de Oímbra.

O artigo 6.b) da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, atribúelle ao Consello da Xunta de Galicia a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, en defecto do correspondente plan.

Con data 14 de xuño de 2013 a Deputación Provincial de Ourense, por instancia do Concello de Oímbra, solicitoulle á Xunta de Galicia a aprobación da relación de estradas de titularidade municipal do dito concello, coa petición de que fosen consideradas, para os efectos de catalogación, como redes secundarias, segundo o artigo 10.4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Posteriormente, o 4 de xullo de 2013 a Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable á proposta da rede do concello de Oímbra.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de xullo de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobar a relación de estradas de titularidade municipal do Concello de Oímbra, que figura como anexo a este decreto, catalogadas como estradas secundarias, ao abeiro do artigo 10 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Anexo:

Inclúese no anexo que se xunta a este decreto unha relación de estradas en que concorren as circunstancias aludidas. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas)
encóntrase á disposición dos interesados un plano onde quedan reflectidas as estradas que se van aprobar de titularidade municipal do concello de Oímbra.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Relación de estradas municipais

Código

Denominación

Lonxitude estrada (m)

Raio mínimo

(m)

Largo medio
(m)

OU-53001

OU-1011-O Rosal

1.450

33,01

6,43

OU-53002

OU-1011-Límite concello de Verín

3.495

23,57

5,28

OU-53003

OU-1010-Portugal

960

24,66

5,53

OU-53004

Rabal-Portugal

1.100

10,23

4,45

OU-53005

OU-1010-Portugal-San Cibrao

450

47,20

4,73

OU-53006

OU-1013-Oímbra-San Cibrao

1.995

37,56

5,45

OU-53007

OU-1013-Portugal

2.430

76,48

6,92

OU-53008

Acceso Portugal-Portugal (antiga)

562

155,07

5,50

OU-53009

Acceso Portugal-Videferre

1.380

12,85

4,79

OU-53010

OU-1013-Variante Videferre

940

23,99

4,61

OU-53011

Videferre-Medeiros

4.370

10,44

5,44

OU-53012

OU-1013 (p.q. 11+835)-Espiño

865

26,81

5,86

OU-53013

OU-1013 (p.q. 11+240)-Espiño

615

19,08

5,35

OU-53014

OU-1013 (p.q. 11+300)-Espiño

1.350

116,06

6,00

OU-53015

OU-1013-A Granxa

1.360

12,51

5,25

OU-53016

OU-1013-Medeiros

2.455

15,94

6,01

OU-53017

OU-1013-As Casas dos Montes

495

63,94

4,33

OU-53018

A Granxa-As Casas dos Montes

285

35,68

3,97

OU-53019

OU-1013-As Chás

2.040

29,55

4,70

OU-53020

OU-1013-A Granxa

6.253

29,05

6,43

OU-53021

Límite concello-OU-1010 (Oímbra-Rabal)

385

52,29

5,00

OU-53022

Acceso ás Casas dos Montes

590

22,35

4,70

OU-53023

Oímbra-Acceso río

1.210

137,81

5,29

Lonxitude total das estradas provinciais..........................................….

Número de estradas municipais................................................………

37.035

23