Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do S.UR-D.-R.6, no concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo (expediente 045/2013).

I. Antecedentes:

1º. O Instituto Galego da Vivenda e Solo remitiu o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do S-UR-D.-R.6 no concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo.

2º. O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 5 de novembro de 2012, acordou iniciar o expediente de expropiación forzosa mediante o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no xornal La Voz de Galicia do 6 de abril de 2013 e no DOG núm. 219, do 16 de novembro de 2012.

3º. O Instituto Galego da Vivenda e Solo emite certificado con data do 14 de xuño de 2013 de que no expediente expropiatorio citado os interesados no expediente non presentaron alegacións.

II. Fundamentos xurídicos:

Primeiro. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 143 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro.

Segundo. O proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do S.UR-D.-R.6 no concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo.

En virtude do disposto polo artigo 28 da Lei 8/2007, do 28 de maio, do solo, e os artigos 140 en relación co artigo 143 e artigo 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro, e da Lei 2/2010, do 25 de marzo, esta aprobación implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceiro. O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002:

– Determinación do seu ámbito territorial cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

– Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

– Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

– Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto. Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse aos establecidos polos artigos 20, seguintes e concordantes da Lei 8/2007, do 28 de maio, do solo.

Quinto. A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de acordo co artigo 9 da Orde do 9 de xullo de 2009, sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG do 16 de xullo de 2009).

Na súa virtude, vista a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de modificación de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, proponse adoptar a seguinte resolución:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do S.UR-D.-R.6, no concello de Maside, destinado á construción de vivendas de promoción pública para a erradicación do chabolismo, para os efectos previstos polos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, coas modificacións derivadas da Lei 15/2004, do 29 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co establecido no artigo 144 da Lei 9/2002.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 144.2 da Lei 9/2002).

Segundo. Notificar o contido desta resolución aprobatoria do expediente ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, e de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, aos que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Secretaría Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 143.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, advertindo que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002).

Igualmente notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Terceiro. Publicar a presente resolución así como o anexo en que se relacionan os bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación aos propietarios descoñecidos, respecto dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución (artigo 16 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación (artigo 46.1 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestar a súa desconformidade como se indicou no número 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 143.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002.

O que se lle comunica para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013

Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO
Relación inicial de bens, dereitos e titulares

Nº predio

Polígono

Titular

Superficie que
se expropiará (m2)

957

31

Descoñecido

1.575,00

965

31

Descoñecido

496,00

966

31

Descoñecido

493,00

968

31

Descoñecido

676,00

969

31

Descoñecido

952,00

971

31

Descoñecido

379,00