Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 30962

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de xullo de 2013 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de accións de saúde pública no campo do VIH/sida que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro.

A infección polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana) e a sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) continúan a ser un dos principais problemas de saúde pública a nivel mundial e tamén, aínda que en menor medida, nos países desenvolvidos. En Galicia, a pesar das melloras experimentadas nos últimos anos, cómpre continuar co impulso das accións de saúde pública encamiñadas a enfrontar este importante problema de saúde.

Dentro do marco das actividades anti VIH/sida no campo da saúde pública atópase o apoio a proxectos, de entidades privadas sen ánimo de lucro, que participan e colaboran desde os seus respectivos ámbitos coa Consellería de Sanidade no esforzo global anti VIH/sida en Galicia. Esta orde vai dirixida a achegar financiamento a proxectos priorizados das accións de saúde pública que realizan estas entidades no campo de VIH/sida.

Para tal fin, e con suxeición ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 4/2006, do 30 de xullo, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e de acordo coas facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, nos seus artigos 34 e 38,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos de accións de saúde pública relacionados coa infección polo VIH e a sida.

Estes proxectos serán xestionados por entidades privadas sen ánimo de lucro e desenvolvidos na Comunidade Autónoma de Galicia desde o 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de maio de 2014.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán solicitar e ser beneficiarias destas subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un único proxecto, para desenvolver durante o período 2013/14, que cumpra co obxecto e normas desta orde.

2. Non poderán ser beneficiarias as entidades privadas sen ánimo de lucro que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Requisitos

1. O proxecto realizarase integramente na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A entidade beneficiaria para desenvolver o proxecto deberá dispor de:

– Local con capacidade para levar a cabo o proxecto.

– Polo menos unha persoa contratada para desenvolver o proxecto.

3. O proxecto recollerá obrigatoriamente a promoción e distribución de material preventivo (preservativos).

4. O proxecto deberá ter como área xeográfica de actuación polo menos unha das 11 áreas sanitarias de Galicia (Ferrol, A Coruña, Cervo, Santiago de Compostela, Lugo, O Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras).

5. No caso de empregar materiais divulgativos no proxecto, será obrigatorio presentar coa solicitude un exemplar destes materiais. Non se subvencionarán os proxectos que non presenten estes exemplares de mostra.

Artigo 4. Contidos do proxecto

As actividades do proxecto subvencionado deberán ser obrigatoriamente algunha das seguintes:

1. Facilitar e fomentar o uso do preservativo nos colectivos máis vulnerables.

2. Promover a realización da proba do VIH ás persoas con prácticas de risco.

3. Programas específicos de prevención para homes que teñen sexo con homes (HSH).

4. Programas específicos de prevención para persoas que exercen a prostitución e os/as seus/súas clientes.

5. Programas específicos de prevención para persoas que viven co VIH e/ou en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida.

6. Programas de rúa ou achegamento que faciliten o acceso á información sobre o VIH/sida e aos servizos sanitarios, especialmente en poboacións máis vulnerables á transmisión por vía sexual.

7. Actividades preventivas específicas da transmisión do VIH por vía sexual, coa participación de pares.

8. Educación para a saúde con perspectiva de xénero, sobre hábitos sexuais saudables, infección polo VIH e a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

9. Programas de loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas polo VIH e a sida.

Artigo 5. Dispoñibilidades orzamentarias

Estas axudas financiaranse segundo o crédito orzamentario dispoñible de 109.190,00 € para este fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para as axudas do período 2013/14.

1. En 2013, estas axudas do período 2013/14 financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 1002.413A.481.1 (código do proxecto: 201300476) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de 2013 que dispón dun crédito orzamentario de 51.190,00 € para este fin.

2. En 2014, o crédito orzamentario dispoñible de 58.000,00 euros para financiar estas axudas do período 2013/14 virá determinado nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao ano 2014.

3. Non obstante, estas contías pódense ver incrementadas a través, se é o caso, das oportunas modificacións orzamentarias, por maior dispoñibilidade de crédito como consecuencia dalgunha das circunstancias expostas no artigo 30.2 do Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluíndo a dispoñibilidade de fondos procedentes do Estado, quedando en todo o demais, ao dispor do mencionado no citado artigo. En calquera caso, a concesión das subvencións reguladas nesta orde limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias existentes no momento de resolución de concesión.

Artigo 6. Normas xerais sobre as subvencións

1. Estas axudas financiarán un único proxecto por entidade beneficiaria.

2. Non se prevé a posibilidade de reformulación das solicitudes.

Artigo 7. Contías das subvencións

1. A contía da subvención que reciba cada proxecto no período 2013/14 non poderá ser inferior a 12.000,00 €.

2. A contía máxima subvencionada non poderá, en ningún caso, superar a contía solicitada nin o orzamento do proxecto, ben sexa illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas concedidas doutras administracións ou entes públicos ou privados.

3. Selección dos proxectos subvencionados:

3.1. Valoraranse todos os proxectos das entidades beneficiarias segundo as normas establecidas nesta orde e posteriormente seleccionaranse os proxectos que son subvencionables.

3.2. Ordenaranse os proxectos subvencionables por orde de puntuación.

4. Determinación das contías das subvencións:

4.1. Para calcular o importe que se concederá a cada proxecto, dividirase o crédito orzamentario dispoñible entre o total de puntos de todos os proxectos subvencionables. Así se obterá o valor en euros de cada punto (€/punto). O importe que se concederá a cada proxecto obterase de multiplicar o valor en euros de cada punto (€/punto) polo total de puntos de cada proxecto.

4.2. Se despois desta operación, algún proxecto recibe menos de 12.000,00 €, eliminarase o proxecto subvencionable menos puntuado e repetirase o cálculo ata que o proxecto ao que lle corresponda a menor contía reciba polo menos 12.000,00 €.

4.3. Se despois destes cálculos, a contía que lle corresponde ao proxecto é superior á cantidade solicitada, concederíaselle a contía solicitada.

4.4. O resto orzamentario que poida xurdir repartirase a partes iguais entre todos os proxectos subvencionados sempre que a contía total que reciban cumpra coas condicións do número 4.3.

Artigo 8. Criterios de baremación

1. Dispor de local social por parte da entidade beneficiaria: ata un máximo de dous locais e 12 puntos, valorados do seguinte modo cada un:

– En propiedade: 6 puntos.

– En arrendamento: 5 puntos.

– En cesión dunha administración pública: 3 puntos.

– En cesión dunha persoa ou institución privada: 1 punto.

2. Dispor de persoal contratado pola entidade beneficiaria para realizar o proxecto: ata un máximo de 200 puntos. Por cada traballador/a contratado/a: 100 puntos.

3. Número de persoas voluntarias participantes no proxecto: ata un máximo de 16 puntos. Por cada persoa voluntaria participante: 2 puntos.

4. Tipo de colectivo diana a que vai dirixido. Valorarase só o colectivo principal e de existir máis de un, valorarase só o definido como principal no proxecto. Nesta epígrafe, só se puntuarán os proxectos que teñen claramente definido un colectivo principal e que inclúan nas súas actividades a prevención da transmisión sexual do VIH coa facilitación regular e continuada de preservativos, realización de probas diagnósticas, tramitación de citas ou acompañamentos a institucións sanitarias. A valoración dos colectivos será a seguinte:

HSH: 20 puntos.

Persoas que vivan co VIH/sida e o seu contorno: 8 puntos.

Inmigrantes: 7 puntos.

Prostitución: 7 puntos.

Persoas internas en prisións: 5 puntos.

Mocidade non escolarizada ou pertencente a grupos con elevada vulnerabilidade social (residente en centros tutelares de menores, minorías étnicas marxinadas, familias desestruturadas etc.): 3 puntos.

Transeúntes, persoas sen fogar e minorías étnicas marxinadas: 2 puntos.

Mulleres: 2 puntos.

Poboación xeral: 1 punto.

Outros colectivos: 0 puntos.

5. Duración das actividades do proxecto: 10 puntos por mes.

6. Promover a realización da proba do VIH nas persoas con prácticas de risco para a infección polo VIH: 20 puntos.

7. Participación de educadoras/es de pares no desenvolvemento do proxecto: 2 puntos.

8. Proxectos de prevención en casas de acollida para persoas afectadas polo VIH/sida: 4 puntos.

9. Proxectos de prevención con persoas que vivan co VIH/sida e o seu contorno: 3 puntos.

10. Proxectos específicos de loita contra a discriminación das persoas afectadas polo VIH/sida: 15 puntos.

11. Proxectos que continúan respecto do ano anterior: 50 puntos.

12. Rigor metodolóxico do proxecto: ata un máximo de 200 puntos.

12.1. A xustificación do proxecto: 0 a 30 puntos. Puntuación mínima exixida 15 puntos.

12.2. Definición e cuantificación de obxectivos: 0 a 20 puntos. Puntuación mínima exixida 10 puntos.

12.3. Material e método empregado con definición dos contidos, da poboación e do plan de traballo: 0 a 100 puntos. Puntuación mínima exixida 50 puntos.

12.4. Avaliación dos resultados: 0 a 50 puntos. Puntuación mínima exixida 25 puntos.

Deberá acadarse a puntuación mínima en todos e cada unha destas epígrafes.

Non se subvencionarán proxectos que neste punto 12 non acaden a puntuación mínima en calquera das súas epígrafes, independentemente das puntuacións acadadas nos outros puntos do artigo 8.

13. Valorarase a porcentaxe da partida orzamentaria de gastos de persoal, sobre o total do orzamento do proxecto:

– Entre o 50-75 %: 50 puntos.

– Entre o 25-49 %: 25 puntos.

14. Presentar unha certificación acreditativa de calidade da entidade beneficiaria: ata un máximo de 5 puntos.

ISO: 2 puntos.

FQM: 2 puntos.

Outras: 1 punto.

15. Recoller a perspectiva de xénero: 20 puntos.

16. Utilizar a lingua galega no desenvolvemento xeral dos proxectos, incluíndo presentacións, actividades, materiais didácticos, materiais divulgativos, redacción de memorias e documentos: 20 puntos.

17. Realizar o proxecto en áreas sanitarias cunha incidencia anual de casos de VIH:

– Igual ou superior a 40 casos por millón de habitantes: 50 puntos.

– Menor de 40 casos por millón de habitantes: 10 puntos.

18. En caso de empate entre dous ou máis proxectos, seleccionarase en primeiro lugar o proxecto dirixido ao colectivo máis priorizado segundo o punto 4 deste artigo 8, e en segundo lugar o que obteña maior valoración no punto 12 deste artigo 8.

Artigo 9. Conceptos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada, en particular:

– Gastos de persoal.

– Axudas de custo por desprazamento debidamente xustificadas en relación co proxecto.

– Gastos de material preventivo, divulgativo e de visualización social do proxecto.

– Gastos derivados do mantemento do local: achegamento, electricidade, gas, auga, lixo, comunidade, seguros, imposto sobre bens inmobles.

– Telefonía e tecnoloxías da información e comunicación (TIC), correos e mensaxaría.

– Gastos de xestoría e gastos financeiros derivados do proxecto.

2. Considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado ou obrigado o seu pagamento con anterioridade á finalización do período de xustificación; os pagamentos ou as súas obrigas deberán acreditarse a través de facturas ou xustificantes de pagamento. En todo caso, a forma de xustificación deberá atender ao previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Documentación, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As entidades beneficiarias deberán achegar a seguinte documentación:

1.1. Anexo I: solicitude de subvención que deberá asinar a persoa responsable da entidade beneficiaria. Mediante ela o representante legal da entidade beneficiara formula unha declaración responsable acerca da veracidade dos documentos e datos consignados na solicitude e outorga o consentimento para que, de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a súa finalidade, na forma que determine o órgano competente.

O anexo I inclúe o NIF e o número de conta bancaria da entidade beneficiaria.

Xunto co anexo I presentaranse os seguintes documentos:

– DNI do representante da entidade beneficiaria, para o caso de que non autorice expresamente, a través do anexo I, a Consellería de Sanidade a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade.

– Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, de que a entidade beneficiaria non ten débedas coas administracións públicas, para o caso de que a entidade beneficiaria non autorice expresamente, a través do anexo I, a Consellería de Sanidade para esa documentación.

1.2. Anexo II: memoria explicativa do proxecto que se está realizando ou se pretenda realizar cunha extensión máxima de 15 páxinas, que deberá asinar a persoa responsable da entidade beneficiaria. Elaborarase seguindo o modelo do anexo II. Solicitarase un importe de axuda para o período 2013/14 e presentarase o correspondente orzamento do proxecto para o período sinalado.

1.3. Anexo III: declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas ou, no seu defecto, unha declaración de que non solicitaron ningunha outra subvención para o citado proxecto. Estará asinado pola persoa responsable da entidade beneficiaria.

2. Lugar de presentación.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude da subvención conterá un espazo para a constancia do consentimento do interesado e a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir á Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, cando sexan pertinentes. A falta do dito consentimento implicará que o solicitante deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

Artigo 11. Emendas da solicitude

As unidades administrativas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, responsables da tramitación dos procedementos de concesión das subvencións reguladas nesta orde, comprobarán que as solicitudes reúnen todos os requisitos exixidos.

Se unha solicitude non esta debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, requirirase a entidade beneficiaria para que, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos nun prazo máximo e improrrogable de 10 días con indicación de que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

Artigo 12. Instrución e comisión de valoración

1. Órganos competentes.

A unidade administrativa competente para ordenar o procedemento de concesión será a Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía que realizará de oficio cantas actuacións xulgue necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos que deben motivar a proposta de resolución.

2. Comisión avaliadora.

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, polo que, unha vez instruídos os expedientes, se constituirá como órgano colexiado unha comisión avaliadora que, de acordo cos criterios de baremación das solicitudes establecidos no artigo 8, avaliará os proxectos das entidades beneficiarias e emitirá a correspondente acta que informa o órgano instrutor da puntuación acadada polos proxectos presentados e da selección dos proxectos subvencionados para o período 2013/14.

Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan o presidente/a, ou persoa en que delegue, a persoa que exerza de secretario/a e polo menos a metade dos seus membros. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algún dos membros que a compoñen non pode asistir, delegará na persoa que, para o efecto, designe o/a titular.

Na composición dos membros da comisión de valoración, procurarase acadar unha composición equilibrada entre homes e mulleres.

A comisión de avaliación rexerase polo establecido no título II, capítulo II, artigos 22 ao 27 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relativo aos órganos colexiados.

A comisión de avaliación, para facer a motivación oportuna, poderá requirir ás entidades beneficiarias das axudas información ou documentación adicional que, por non estar en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

A comisión avaliadora estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) A persoa titular da Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía.

c) A persoa titular da xefatura do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

d) Un membro do persoal técnico do devandito servizo, que actuará como secretario/a.

3. Órganos competentes para a instrución e resolución.

A persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, é o órgano instrutor do procedemento e á vista dos expedientes e da acta da comisión de valoración, elevará a proposta de resolución á/ao titular da Consellería de Sanidade, quen adoptará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas.

Artigo 13. Resolución

1. Unha vez emitida a proposta de resolución, a/o titular da Consellería de Sanidade ditará resolución de conformidade co previsto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A devandita resolución, deberá conter, de maneira expresa, a relación de proxectos de entidades beneficiarias ás cales se lles concede a subvención e a desestimación do resto das solicitudes xunto coas contías destas axudas para o período 2013/14.

2. As resolucións de concesión de subvencións serán motivadas e notificaranse ás entidades beneficiarias no prazo de tres meses. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas por silencio administrativo as súas solicitudes, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Todo incumprimento ou alteración das condicións en que se basea a concesión da subvención, e se é o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados (nacionais ou internacionais), poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 14. Notificación e publicación

1. A resolución deberá ser notificada ás entidades beneficiarias de forma individualizada, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para aceptala, presentando a correspondente declaración de aceptación ou renuncia da subvención concedida segundo os modelos do anexo IV e V desta orde. Transcorrido o cal, sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A notificación de forma individualizada das subvencións concedidas farase sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 15 e 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia deberá conter a relación de solicitantes aos cales se conceden ou desestiman as subvencións para os respectivos proxectos, con indicación da norma reguladora, a súa correspondente contía e as causas de denegación, se é o caso.

3. De conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13.3 e 4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería de Sanidade publicará na súa páxina web oficial e nos rexistros públicos referidos, a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

4. Conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderán existir circunstancias que, como consecuencia da alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e, en todo caso, a obtención de outras axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, dean lugar á modificación da resolución de concesión.

5. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos ao abeiro desta orde se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade da xestión deste procedemento, e que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei dirixindo un escrito á:

Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

6. Segundo o establecido no artigo 14.1.ñ), da Lei 9/2007, informamos as entidades beneficiarias de que existe o Rexistro Público de Subvencións, regulado no artigo 16 da mesma lei.

Artigo 15. Recursos

1. Contra a resolución do procedemento que pon fin á vía administrativa, as entidades beneficiarias poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución á entidade beneficiaria.

2. Igualmente procederá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación se a resolución é expresa; se non o for, o prazo será de seis meses contados a partires do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. De presentarse recurso potestativo de reposición, non poderá acudirse á vía contencioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

4. Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 44 da referida Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase requirir previamente o órgano que ditou a resolución, para que derrogue a disposición, anule ou revogue o acto, no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se non é contestado no mes seguinte á súa recepción.

Artigo 16. Xustificación

Unha vez realizado o proxecto, deberá remitirse á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, con data límite o 1 de xuño de 2014, a correspondente conta xustificativa, prevista no artigo 44.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. De conformidade co previsto no número 3 do artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a conta xustificativa conterá:

1. Unha memoria de actuación do período 2013/14 xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do proxecto, das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica do custo das actividades realizadas que conterá:

a) Unha relación clasificada dos gastos da actividade que inclúa a seguinte información: número de orde do documento na relación de gastos, nome da entidade beneficiaria que emite o documento de gasto, NIF da entidade beneficiaria que emite ese documento, concepto do gasto (se é unha nómina deberá indicar o nome, os dous apelidos e o DNI da persoa empregada, xunto co mes e o ano da nómina), número identificativo do documento, data de emisión do documento, data de pagamento dese gasto, importe total do documento e, se é o caso, importe imputado á subvención.

Ao final desa relación debe incluírse o importe total dos gastos pagados para o proxecto, a sinatura da persoa responsable da entidade beneficiaria, o lugar e a data da sinatura.

Independentemente da data de adxudicación da subvención, na relación de gastos que hai que presentar, aceptaranse os gastos do seguinte período: 1 de xaneiro de 2013 ao 31 de maio de 2014.

b) A presentación (orixinal ou copia compulsada) das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na relación a que se fai referencia no punto anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

Os recibos asinados terán validez para xustificar pagamentos ata un importe máximo de 1.000,00 € por proxecto.

3. Anexo III coa relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen o proxecto con indicación do importe e a súa procedencia. Este documento terá que estar asinado polo/a representante da entidade beneficiaria.

Artigo 17. Pagamento e xestión económica

Os pagamentos correspondentes a cada subvención concedida realizaranse de conformidade co previsto no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e farase efectiva para cada un dos exercicios orzamentarios do seguinte xeito:

O pagamento anticipado do 46,88 % do importe da subvención concedida farase tras a publicación da resolución de concesión destas axudas. O 53,12 % restante pagarase unha vez completado correctamente todo o proceso de xustificación en 2014 da totalidade da subvención concedida para o período 2013/14. En todo caso, segundo o disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 60.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, as entidades beneficiarias terán acreditado con anterioridade ao pagamento que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non estarán suxeitas a esta obriga as entidades beneficiarias das subvencións nos supostos sinalados no artigo 49 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 250, do 30 de decembro).

Artigo 18. Obrigas das entidades beneficiarias

Tendo en conta o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, son obrigas das entidades beneficiarias:

Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

Xustificar ante o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás entidades beneficiarias en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 19. Revogación e reintegro das axudas

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social e da Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro pola entidade beneficiaria ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 33.1.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 20. Infraccións e sancións

No relativo a esta materia, rexerá o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 21. Contraprestacións da Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade facilitará, para a realización dos proxectos, materiais divulgativos e preventivos de maneira gratuíta segundo as dispoñibilidades e protocolos da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Disposición derradeira primeira

Aos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, pola que se aproba o seu regulamento, e supletoriamente na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no seu regulamento, Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Disposición derradeira segunda

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública adoptará as medidas oportunas para o seguimento, avaliación, difusión e execución dos proxectos seleccionados, previstos nesta orde, así como para o seguimento, avaliación, e difusión dos proxectos seleccionados para o seu financiamento.

Disposición derradeira terceira

Autorízase o director/a xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para ditar as instrucións necesarias que permiten a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira cuarta

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

missing image file
missing image file

ANEXO II

Aspectos que se deben considerar na memoria do proxecto, para o cal se solicita a subvención:

1. Datos de identificación:

– Nome e número de NIF da entidade.

– Número de conta bancaria da entidade.

– Datos de filiación do/a responsable ou coordinador do proxecto: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.

– Datos de filiación do/a representante da entidade: nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e correo electrónico.

– Título do proxecto, lugar de realización e cronograma do proxecto.

– Datos das persoas asalariadas para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesionais, función e tempo dedicado.

– Datos das persoas voluntarias para o proxecto: nome, apelidos, DNI, datos profesionais, función e tempo dedicado.

2. Describir as actividades en relación cos criterios de prioridade (artigo 8), que cumpre o proxecto. Descrición do material divulgativo que se empregará, se é o caso.

3. Deseño:

– Xustificación.

– Obxectivos.

– Material e método.

– Criterios de avaliación.

4. Orzamento:

– Gastos de persoal.

– Gastos de local.

– Gastos de material preventivo e divulgativo.

– Gastos de desprazamento.

– Recursos propios e outras subvencións concedidas.

5. Importe solicitado de subvención.

6. Data e sinatura do/da representante legal da entidade.

missing image file
missing image file
missing image file