Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades no Sistema de información contable e orzamentaria (Xumco2), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Nº expediente: 2013-025.

b) Tipo: servizos.

c) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades no Sistema de información contable e orzamentaria (Xumco2), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

e) Prazo de execución: nove meses desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.0 do Cixtec.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 410.000,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 410.000,00 euros. Importe total: 496.100,00 euros.

Anualidade 2013: 396.880,00 € IVE incluído.

Anualidade 2014: 99.220,00 € IVE incluído.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría C e concreción dos criterios de solvencia.

Empresas estranxeiras: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica de la Xunta de Galicia (SILEX): o prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do día 20 de agosto de 2013.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do día 20 de agosto de 2013.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX): as ofertas deberán presentarse no Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), no enderezo www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Entidad: Cixtec.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

– Data: 27 de agosto de 2013.

– Hora: 10.00 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

– A data e hora anunciarase oportunamente no perfil do contratante e comunicarase aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios correrán a cargo do adxudicatario e o seu importe máximo estimado será: DOG:1.600 €, BOE: 800 €.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable