Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública relativo a un bazar no parque empresarial do Milladoiro.

Francisco Villar Figueiras en representación de Santiago Sur, S.L., solicita nesta Alcaldía licenza municipal para instalar actividade de comercio polo miúdo (bazar) no local situado na rúa Palmeiras 6-12 e 21-27, parque empresarial do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente en Urbanismo, no departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ames, 9 de xullo de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde