Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para explotación porcina.

Ana Marra Ramos solicita desta Alcaldía licenza municipal para a actividade de explotación porcina de cebo para 1.848 porcos que se situará en Abavides-Trasmiras. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométase a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Trasmiras, 12 de xullo de 2013

Emilio Pazos Ojea
Alcalde