Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación de vacún en Froxán-Castro de Cabras (expediente 7150/13).

Por instancia de Ganadería Lorenzo Vilameá, S.C., representada por Aurelio Lorenzo Vilameá, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para legalización e ampliación de explotación de vacún no lugar de Froxán, parroquia de Castro de Cabras, Lalín (Pontevedra) (expediente núm. 7150/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións contra el durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Lalín, 23 de xullo de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo