Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30572

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013 pola que se publica o Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (TRANSGAL).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xullo de dous mil trece adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (TRANSGAL), segundo se dispón no artigo 33.1 da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo se dispón no artigo 33.3 da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

3. Deixar sen efecto o plan de emerxencia por accidente no transporte de mercadorías perigosas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 87, do 8 de maio de 2000).

Para dar cumprimento ao punto 2 do devandito acordo

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril en Galicia (TRANSGAL), no enderezo da páxina web http://cpapx.xunta.es/plans-de-emerxencia

O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias das delegacións territoriais.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza