Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto construtivo de ampliación e mellora de estación depuradora de augas residuais (EDAR) na Laracha, concello da Laracha (expediente CO/0274/2012).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días o expediente de estación depuradora de augas residuais (EDAR) CO/0274/2012 para os efectos da solicitude de licenza municipal de actividade para a súa ampliación e mellora co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2-5º, 15071 A Coruña) e no concello da Laracha (Praza do Concello s/n, 15145, A Laracha, A Coruña).

A Coruña, 8 de xullo de 2013

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña