Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización continua no Sistema de Información do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-022.

d) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización continua no Sistema de Información do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 22.5.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 78.600,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 78.600,00 euros. Importe total: 95.106,00 euros.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo FEDER nun 80 %, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, en un 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06-A1.611A.626.0 do CIXTEC para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.

O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.7.2013.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 65.238,00 euros. Importe total: 78.937,98 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico Financeira e Contable