Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da unidade de actuación 49 (expediente 66/2012.PMP).

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de xullo de 2013, acordou aprobar inicialmente o expediente 66/2012.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da UA-49, tramitado de oficio segundo proxecto asinado pola arquitecta María Dolores Crespo Chouza, así como o cambio de sistema de actuación para a execución da referida unidade de actuación do sistema de compensación ao sistema de cooperación.

En virtude do disposto polo artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións, que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral, os sábados das 9.30 ás 13.30 horas) e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 16 de xullo de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo