Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de asistencia ofimática por esta xerencia, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-13-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 16.8.2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de asistencia ofimática pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, engadidas as prórrogas, non superará os 48 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 72590000-7.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 193.848,00 €.

b) IVE: 40.708,08 €.

c) Importe con IVE: 234.556,08 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16.8.2013

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña. Hospital Abente y Lago.

2. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda do Edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 9 de novembro de 2012.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11.7.2013.

A Coruña, 2 de xullo de 2013

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña