Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 244/2012.

Demandante: Diego Varela Arosa.

Avogada: María José Liste López.

Demandados: Nor Seguridad y contra Incendios de Galicia, S.L., Nor Clisa, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 244/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Diego Varela Arosa contra a empresa Nor Seguridad y contra Incendios de Galicia, S.L. e Norclisa, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar aos executados Nor Seguridad y contra Incendios de Galicia, S.L., Nor Clisa, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 3.454,10 euros en concepto de principal e de 345,41 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros de demora e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e no caso da parte executada notifíqueselles a través do DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 5076 no Banco Español de Crédito, e deberá indicar no campo concepto recurso, seguido do código 31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, coa indicación recurso seguida do 31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Nor Seguridad y contra Incendios de Galicia, S.L. e Norclisa, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

A secretaria xudicial