Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2013/155-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT San Estevo Basadre.

Situación: Agolada.

Descricións técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 360 metros de lonxitude, con orixe no apoio 0 existente da saída POR701 e final no apoio proxectado HVH nº 4, do cal continúa subterránea, con condutor RHZ, 211 metros finalizando no CT proxectado Basadre II. Centro de transformación de 160 kVA con RT 15 kV/400-230 V, situado en Basadre (Santa María), Agolada.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 8 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Agolada Provincia: Pontevedra

Apoio

Afeccións

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

ml aér

ml sub

m2
aér

m2 sub

3

Travesas

Labradío

Antonio García Prieto

23.0

200.0

4

Travesas

Labradío

Manuel Rodríguez Peña

21.0

214.0

5

Travesas

Labradío

José Casal Ramos

40.0

403.0

6

Travesas

Labradío

Alejandro Casal Bran

2

0.32

18.0

182.0

7

Travesas

Labradío

Paz Casal Ramos

2

0.32

10.0

104.0

8

A Fonte

Labradío

Manuel Costa Amor

15.0

147.0

9

A Fonte

Labradío

Remedios Bran Carballal

8.0

80.0

10

Outeiro

Labradío

Manuel Rodríguez Peña

15.0

150.0

12

Pateiro

Prado

Alejandro Casal Bran

3

0.64

24.0

250.0