Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30361

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro correspondente ao ano 2013.

Por Acordo do Comité Directivo do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro do 16 de xullo de 2013, resolveuse:

«1º) Aprobar a oferta de emprego público correspondente ao ano 2013, que comprenderá o seguinte posto vacante:

Grupo A1. Denominación do posto: xerente, para súa contratación en réxime laboral especial de alta dirección.

2º) Publicar a oferta de emprego público do ano 2013 no Diario Oficial de Galicia».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Tui, 16 de xullo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro