Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30362

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría da Sra. Franco Sarabia (Ortigueira)

ANUNCIO sobre poxa en procedemento extraxudicial.

Antonia María Franco Sarabia, notaria do Ilustre Colexio de Galicia, con residencia en Ortigueira, fago constar que se iniciaron, perante min, os trámites para a venda extraxudicial por medio de poxa, por instancia da sociedade mercantil anónima denominada Banco Español de Crédito, S.A., hoxe Banco Santander, S.A., do seguinte predio hipotecado:

Urbana e rústica. Nas proximidades desta vila de Ortigueira, arriba da fonte de Curuxeira, predio antes a secaño, hoxe sen cultivo específico, denominado A Paulera, que pode aparecer como Curuxeira, na cal está situada unha vivenda unifamiliar dunha soa altura, coa superficie construída de sesenta e dous metros cadrados aproximadamente. Ten unha superficie todo o predio de dezaoito áreas e sesenta centiáreas. Linda: ao norte, con María Concepción Beltrán del Lis Gordillo; ao sur, con Carlos Antonio Cobelo Blas; ao leste, con María Manuela Anuncia López Pedre; e ao oeste, co camiño que da fonte de Curuxeira vai a Brandaliz, que separa de María Concepción Beltrán de Lis Gordillo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira, tomo 535, libro 252, folio 195, predio 11.519, inscrición 5ª.

Referencia catastral: 001803500NJ93G0001AQ.

A poxa terá lugar na Notaría sita en Ortigueira, na avenida Estrada Xeral, número 107, baixo, o próximo día 17 de setembro de 2013, ás 13.30 horas, ao tipo pactado na escritura de constitución da hipoteca, que é a cantidade de cento vinte e catro mil catrocentos sesenta e seis euros e corenta e seis céntimos de euro (124.466,46 €).

Para tomar parte na poxa, os ofertantes deberán consignar previamente unha cantidade equivalente ao 30 por cento do tipo pactado, e terán que presentar o xustificante de efectuar o depósito na conta corrente número 0030 6106 91 0000814272 de Banesto, Grupo Santander, sita nesta mesma vila de Ortigueira, na avenida Estrada Xeral, número 88.

A documentación e a certificación rexistral a que se refiren os artigos 236.a) e 236.b) do Regulamento hipotecario poderán consultarse na notaría de luns a venres das 10.00 ás 14.00 horas. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación achegada. As cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se execute continuarán subsistentes.

A poxa rexerase polo disposto no artigo 12 do Real decreto lei 6/2012, do 5 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios, e na cal non fose incompatible polo artigo 236 do Regulamento hipotecario.

Ortigueira, 8 de xullo de 2013

A notaria