Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da zona de concentración parcelaria do Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña) para ser notificada, por comparecencia, dunha resolución que a afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a Carmen Rodríguez García, propietaria na zona de concentración parcelaria do Val-Meirás-Lago II (Narón-Valdoviño-A Coruña), para ser notificada, por comparecencia, da Resolución do 29 de abril de 2013, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que a afecta.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña