Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para a xestión da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e do marisqueo PescadeRías ¿de onde se non?, cofinanciado con fondos FEP, nun 75 % no eixe 3, medida 4 (expediente 12/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para a xestión da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e do marisqueo PescadeRías ¿de onde se non?.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18715

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 86, do 6 de maio de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 170.000 €. IVE (21 %): 35.700 €. Importe total: 205.700 €.

Valor estimado (sen IVE): 170.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de xuño de 2013.

b) Adxudicataria: Ideara, S.L.

c) Importe: 182.661,60 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 3 de xullo de 2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; Diario Oficial de Galicia nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar