Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30185

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xullo de 2013 pola que se autorizan as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas (modalidade presencial), niveis I e II, no IES Val do Tea de Ponteareas, a partir do curso 2013/14.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5.1 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar os seus coñecementos, así como as súas capacidades, habilidades, aptitudes e competencias, para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Ademais, o artigo 5.2 establece que o sistema educativo ten como principio propiciar a educación permanente. Para tal efecto, debe preparar o alumnado para aprender por si mesmo e débelles facilitar ás persoas adultas a súa incorporación ás ensinanzas, favorecendo a conciliación da aprendizaxe coas outras responsabilidades e actividades.

A Orde do 24 de xuño de 2008, DOG do 23 de xullo, pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia establece, no seu artigo 1, que o seu obxecto é facilitar a formación necesaria para que as persoas adultas obteñan o título de graduado en educación secundaria.

De acordo coas competencias que ten conferidas esta consellería e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorización de ensinanzas

Autorizar as ensinanzas de educación secundaria de persoas adultas (modalidade presencial), niveis I e II, no IES Val do Tea de Ponteareas, código de centro 36013692, a partires do curso 2013/14.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria