Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013094TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 5 de xuño de 2013, a xefa territorial de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013094TA-LU, incoado a Club Lemos, titular do establecemento Bar do Campo de Fútbol A Pinguela.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Club Lemos, titular do establecemento Bar do Campo de Fútbol A Pinguela, o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de xullo de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2013094TA-LU.

Denunciado: Club Lemos, titular do establecemento Bar do Campo de Fútbol A Pinguela.

CIF: G27157775.

Último enderezo coñecido: Reboredo, s/n, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 13.2.d) da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.

Tipificación provisional: grave, segundo o artigo 37.3.a) da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).