Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO de convocatoria para a adxudicación do contrato de renovación das instalacións da iluminación pública exterior do Consorcio Conca do Lérez.

Por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, por tramitación urxente, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato mixto de subministración e obras consistente en renovación das intalacións da iluminación pública exterior do Consorcio Conca do Lérez conforme os seguintes datos:

Entidade adxudicadora: Consorcio Conca do Lérez. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obtención de documentación e información: Concello de Cerdedo. Teléfono: 986 75 30 06; concello@cerdedo.org; www.cerdedo.org

Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Obxecto do contrato: renovación das instalacións de iluminación pública exterior nos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade.

Prazo de execución: ata o 16 de setembro de 2013.

Tramitación e procedemento: procedemento aberto; tramitación urxente.

Orzamento base de licitación: 148.733,60 €; IVE: 31.234,06 €; importe total: 179.967,66 €.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

Prazo de presentación ofertas: oito días desde a publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Documentación: a exixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Cerdedo. Praza do Concello, nº 1, 36130 Cerdedo.

Prazo de obriga de manter a oferta: vinte días desde a apertura das proposicións.

Apertura de ofertas: a data e a hora anunciaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Cerdedo.

Cerdedo, 22 de xullo de 2013

S. José Balseiros Guinarte
Alcalde presidente