Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30048

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de protección e integración paisaxística do predio Fonte de Meire.

Por acordo do Pleno da Corporación do 27 de xuño de 2013, aprobouse inicialmente o proxecto de Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza N-3 de predios singulares (Fonte de Meire) en Pousada de Abaixo (Vedra). De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán en dous xornais da provincia e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 4 de xullo de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde