Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29948

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (459/2011).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 459/2011, seguido por instancia de Miguel González Salceda contra Francisco Iglesias Sandomingo, no cal se ditou sentenza que literalmente di así:

Sentenza.

Ponteareas, vinte e oito de febreiro de dous mil trece.

Vistos por Inés Nicolás Herrero, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, os presentes autos de procedemento ordinario número 459/2011, seguidos entre partes, dunha como demandante Miguel González Salceda, dirixido polo letrado Juan Luis Díaz Pulido e representado pola procuradora María Teresa Carrera Fernández, e doutra, como demandado, Francisco Iglesias Sandomingo, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Ditame:

Admito integramente a demanda interposta pola procuradora María Teresa Carrera Fernández, en nome e representación de Miguel González Salceda fronte a Francisco Iglesias Sandomingo, e condeno este a aboarlle ao demandante a cantidade de corenta mil euros (40.000 €), xunto cos xuros legais na forma recollida no fundamento xurídico terceiro e as custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes a que se notifique esta resolución, que deberá interporse ante este xulgado para que sexa resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra, de conformidade co previsto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que lle sirva de notificación en forma a Francisco Iglesias Sandomingo, expido a presente que asino.

Ponteareas, 9 de maio de 2013

O/a secretario/a xudicial