Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 12 de xullo de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32061/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo o 9 de xullo de 2013.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de xullo de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente número: 32061/2012.

Interesada: Reverse Osmosis Technology, S.L.

NIF: B32416646.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.