Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

* Comporta de regulación hidráulica no porto de Tragove (Cambados-Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: PO-13-07-10-01.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15585

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: comporta de regulación hidráulica no porto de Tragove (Cambados-Pontevedra).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 228. Modificado no número 237.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 26 de novembro de 2010. Modificado o 13 de decembro de 2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria; expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

434.239,07 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 434.239,07 euros. Importe total: 512.402,10 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de xuño de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 9 de xullo de 2013.

c) Contratista: Civis Global, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 390.598,00 euros. Importe total: 472.623,58 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia