Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29798

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xullo de 2013 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Feira do Xamón da Cañiza, a Festa do Pan de Neda e o Naufraxio de Laxe.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta Dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 11 de xullo de 2013, que a seguir se transcribe:

Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

– Feira do Xamón da Cañiza, que se celebra o 15 de agosto no concello da Cañiza (Pontevedra).

– Festa do Pan de Neda, que se celebra o primeiro domingo de setembro no concello de Neda (A Coruña).

– O Naufraxio de Laxe, que se celebra o 17 de agosto, no concello de Laxe (A Coruña).

Santiago de Compostela,17 de xullo de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia