Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Concello de Sarria.
Domicilio social: r/ Maior, 14, 27600 Sarria.
Denominación: CT para ETAP de Sarria.
Situación: concello de Sarria.
Características técnicas:
• LMTS con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio anterior ao CT Dep. Augas Sarria (27P861) existente, propiedade do Concello de Sarria, e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 80 metros de condutor tipo RHZ1-150.
• CT prefabricado tipo PF202, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.
Lugo, 10 de xullo de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo